Categorías
Monografías

Dr. Cheshire: entrevistado

O lendario manuscrito Voynich, chamado MS 408 na Biblioteca de Libros Raros da Universidade de Yale (onde actualmente reside), foi descifrado parcialmente polo Dr. Gerard E. Cheshire, adscrito á Universidade de Bristol (UK), como explicamos recentemente.

Libretes pediu unha entrevista ao Dr. Cheshire para que aclare algúns puntos que poden ser de interese xeral, e máis particular para os familiares (lingüisticamente falando) do autor ou autora do manuscrito, cuxa identidade será revelada a uns parágrafos de distancia. Por ese motivo, ofrecemos esta entrevista noutros idiomas:

PORTUGUÉS

ESPAÑOL

CATALÁN

ARAGONÉS

Por que chama ao MS 408 Manuscrito de Isquia?

Porque o novo nome é relevante para indicar o seu lugar de orixe, agora que sabemos de onde procede: a illa de Isquia.

Pensa que o código utilizado no manuscrito é específico dun pequeno grupo de persoas? Era representación dunha linguaxe falada sen tradición escrita ou talvez algún tipo de pidgin?

Si, era específico da poboación do Castelo Aragonés e o seu convento-mosteiro grego. As linguas ibérica e grega conformaron un híbrido como lingua franca (linguaxe común). A Coroa de Aragón achegaba a parte ibérica (galaicoportugués) e os insulars a grega, xa que era poboación procedente dunha diáspora.

Como sería o retrato plausible do autor do manuscrito? Se era unha persoa culta, por que non utilizou unha linguaxe máis universal, como o latín, ou unha linguaxe «vulgar» ben establecido, como o italiano ou o aragonés?

A autora foi unha monxa do convento, que tamén era a matrona e facía as veces de enfermeira e facultativa. Non tiña unha educación formal, así que escribiu na súa lingua nativa, que era a linguaxe «vulgar» de Isquia.

De acordo coas súas traducións da parte botánica, e vendo as ilustracións, o manuscrito non parece un documento científico confiable e preciso, en comparación con outros traballos ben coñecidos, como o Tractatus de Herbis (contemporáneo, de 1440) ou o De materia medica de Dioscórides, moito máis antigo (século I d. C.). Cal é a verdadeira natureza do manuscrito?

O manuscrito de Isquia é un libro xeral sobre herbas medicinais e tratamentos para nenas e mulleres, dirixido só aos ocupantes do Castelo Aragonés. Non foi escrito para ser publicado e tampouco tiña preocupacións científicas. Era un aide-mémoire amateur para uso das mulleres.

Entón, parécelle que todo é vulcano-céntrico no manuscrito? A historia que se relata na tabula regio novem, as hordas de bañistas femininas e a parte relativa á cociña.

O mapa da tabula regio novem é un relato da misión de rescate que partiu desde Isquia para salvar aos ocupantes da illa de Vulcano, seguindo a unha erupción que houbo en febreiro de 1444. Os baños son un detalle cultural das illas de Isquia e Lipari, e só mostra a mulleres porque os homes estaban a loitar en Nápoles. A parte da cociña era para a preparación de medicinas e tamén para a nutrición.

Cal foi a súa motivación para abordar o desciframiento do manuscrito? Tiña vostede algunha experiencia previa con documentos antigos?

Ningunha motivación especial. Tropeceime co manuscrito accidentalmente en 2017 cando estaba a estudar para a miña tese doutoral. Vi que era posible descifrar a linguaxe e o código escrito. Non tiña experiencia previa con documentos antigos, simplemente unha mente analítica.

Por que pensa que fallaron as distintas técnicas para descifrar o manuscrito, tanto as antigas como as máis modernas? Matemáticas, criptografía, intelixencia artificial…

Porque esas técnicas non teñen en conta as frases conxuntas, as abreviacións ou a pronuncia enclítica. Ademais, tamén era unha cuestión de identificar simultaneamente o idioma e o sistema de escritura. Só a mente humana é o suficientemente creativa, versátil e flexible para levar a cabo esta tarefa.

Parece que traducir e interpretar o manuscrito non é unha tarefa fácil e rápida, e que require moitos coñecementos de diferentes disciplinas. Expúxose traducir o manuscrito ao completo, ou polo menos algunhas das páxinas que son só texto? Eu compraría unha copia!

É fácil, pero leva tempo, xa que require unha gran cantidade de investigación e experimentación de ensaio e erro, ademais do emprego do pensamento lateral. Por iso é necesario construír un léxico, para que o proceso leve cada vez menos tempo e esforzo. A elaboración do léxico tamén permitirá nun futuro próximo a tradución das páxinas sen apoio de ilustracións.

Non teño diñeiro, así que non podo permitirme o tempo necesario para traducir o manuscrito enteiro, a non ser que atope algún tipo de financiamento. Na actualidade, estou a traballar noutros proxectos para gañarme a vida. Quizais algún día póidase comprar unha copia!

Compartir

Una respuesta a «Dr. Cheshire: entrevistado»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *